Veciños de Martín expresan ao voceiro do grupo socialista a súa preocupación polo estado viario

09 Xullo 2019

20190709. O voceiro do grupo socialista na corporación municipal de Ribeira, José Manuel Vilas Álvarez, visitou na tarde de onte o lugar de Martín a petición da súa veciñanza, preocupada polo mal estado que, ao seu xuízo, rexistran algunhas das estradas deste lugar, cun firme no que se aprecian roturas e disgregacións.

Logo de escoitar aos residentes deste núcleo, Vilas Álvarez acudiu esta mañá aos servizos técnicos do Concello para interesarse sobre este asunto, especialmente polo retraso da actuación de mellora alí programada e adxudicada, que inclúe a pavimentación e a instalación de saneamento e pluviais na zona en cuestión, cun investimento que ascende a 68.304’38 euros, a execución pola empresa Anspal S.L.

O concelleiro socialista foi informado de que esta obra vai comezar esta semana ou, a máis tardar, a próxima, co cal “quedará canalizada a resolución destas molestias.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.