Valentín González Formoso repite como presidente da Deputación da Coruña

01 Xullo 2019

20190701. Valentín González Formoso foi hoxe reelixido presidente da Deputación da Coruña no pleno extraordinario de constitución da nova corporación. González Formoso obtivo así os 17 votos que suman os grupos provinciais do PSdeG-PSOE, 11 deputados e deputadas; BNG, 4; Marea Atlántica, 1; e, Alternativa dos Veciños, 1. Pola súa parte, a candidata do Partido Popular, Rosa Gallego Neira, obtivo 14 votos.

No seu discurso de investidura, González Formoso agradeceu os apoios recibidos para renovar un cargo que asume “coa enorme responsabilidade de seguir gobernando unha provincia que é o motor social, cultural e económico de Galicia.” Así mesmo, destacou que a Deputación é “unha institución bicentenaria, que ten sido testemuña privilexiada dos avatares da nosa historia” e invitou a unha reflexión “sobre o reto apaixoante e o avance democrático que suporía a elección directa pola cidadanía dos seus representantes nas corporación provinciais.”

Neste sentido, sinalou que “presidir a Deputación da Coruña nos últimos catro anos deume a oportunidade de coñecer mellor esta provincia e valorar o seu enorme potencial”, polo que se comprometeu a “seguir percorrendo as estradas e os camiños, escoitando aos alcaldes e alcaldesas e aos seus veciños” e supervisando os servizos e infraestruturas impulsados pola Deputación “que chegan ata o último recuncho do noso territorio e axudan a mellorar a vida das persoas.”

Algúns destes investimentos débense á posta en marcha do Plan Único, un plan de cooperación das catro deputacións galegas que, en apenas tres anos, supuxo un investimento de 283 millóns de euros.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.