Unha visita permitirá coñecer o Rianxo do medievo

12 Xullo 2019

20190712. O Concello rianxeiro organiza para mañá, sábado 13, un percorrido guiado polo Rianxo medieval a partir das 10.30 horas. A cita, cunha duración aproximada de 2 horas, incluirá a visita a dous dos edificios máis representativos da vila: o Castelo da Lúa e a igrexa de Santa Comba. O punto de encontro será a Casa Museo Manuel Antonio, sendo necesaria inscrición previa, pois é necesario un grupo mínimo de 8 persoas. Para apuntarse e solicitar información poden dirixirse á Casa Museo Manuel Antonio ou en Información Turística, así como nos teléfonos 698148569 e 604023753.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...