Unha nova edición de Soño Olímpico citará en Ribeira a douscentos deportistas

12 Xullo 2019

20190712. Un total de 200 deportistas procedentes de cinco países (México, Italia, Bélxica, Portugal e España) vanse dar cita no municipio de Ribeira entre os días 15 e 21 de xullo. O motivo é a celebración da undécima edición do campamento de verán Soño Olímpico que organiza o club local Natural Sport e se desenvolve no cámping Ría de Arosa 2.

A concelleira de Deportes, Juana Brión, e máis o presidente do Natural Sport, José Francisco Agrelo, foron os encargados de presentar esta iniciativa que, en palabras do representante do club, “pon a Ribeira no epicentro do deporte de taekwondo” e que foi secundada pola edil como unha nova oportunidade de que cada vez máis xente coñeza as calidades e virtudes do concello ribeirense.

Unha vez máis, o campamento contará con técnicos do máis alto nivel, como Joaquim Peixoto (adestrador da Selección Portuguesa), Gabriel Mercedes (medallista olímpico) ou Muoustapha Akkouh (técnico de elite en Bélxica), así como outros mestres pertencentes ao club anfitrión como Juan Luis Martínez ou Raúl Bouzas. Tamén se incidirá na formación en arbitraxe a través da implicación de María Bautista, adestradora galega con moita proxección internacional e expectativas de participar nas Olimpíadas de Tokio.

Agrelo salientou a idoneidade desta iniciativa non só para perfeccionar as aptitudes e calidades deportivas da rapazada asistente, senón tamén para que estes se eduquen en valores e agradeceu a colaboración do Concello, Federación Galega de Taekwondo, Ría de Arousa 2, Serdeco e Tandem Alborés. Dentro da xeografía española, acudirán participantes de Madrid, Valencia ou as illas Canarias, entre outros.

O presidente do club tamén lembrou que do 1 ao 5 do presente mes estivo a ter lugar a terceira edición do campamento Soño Olímpico Poomsaes e na semana en curso o sétimo do Soño Olímpico Kids, ambos con gran participación e adestradores de prestixio.

Así mesmo, mañá sábado 13, ás 20.00 horas, terá lugar no polideportivo de Palmeira o festival de fin de tempada do Natural Sport: un espectáculo no que, baixo o título de Festival Auga, incluirá a participación de membros de Ribeira, Caamaño, Outes ou Sada, ademais do club de baile da Escola Deportiva de Taekwondo. A entrada é de balde.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...