Susana López Abella abre o curso sobre violencia de xénero

10 Xullo 2019

20190710. A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, foi a encargada de abrir o ciclo de conferencias que se levarán a cabo dentro da programación do ‘Curso aplicado para a prevención e intervención en violencia de xénero’ que acolle Ribeira do 10 ao 12 de xullo no Auditorio municipal. Baixo o título Programas e accións da Xunta de Galicia contra a violencia de xénero, López Abella destacou a aposta da institución para loitar contra este problema, xa que “en Galicia desde o ano 2003 a día de hoxe, foron asasinadas 60 mulleres. Das 47 mulleres asasinadas en España en 2018, 14 presentaron denuncia, o 29’8%.”

Durante a súa intervención, incidiu nos principais recursos para a atención ás vítimas de violencia de xénero (teléfono 900400273, 016, aplicación EscaPP e Agresión Off); nas campañas de sensibilización e información; na campaña de prevención e detección de violencia de xénero nas comunidades veciñais, sendo Galicia a comunidade autónoma pioneira en España; na campaña de prevención e actuación ante o acoso sexual e por razón de sexo no entorno laboral; e a rede de información ás mulleres, formada por 81 Centros de Información á Muller, subliñando as instalacións e prestacións do CIM ribeirense, manifestando a importancia deste tipo de servizos porque “case sempre unha usuaria de Servizos Sociais, é usuaria do Centro de Información á Muller.”

Ademais, explicou as partidas que destina a Xunta para cada área co obxectivo de erradicar a violencia de xénero e acadar a igualdade entre homes e mulleres. Así, desde o ano 2006 e ata o 2018 inverteron 33’5 millóns de euros de fondos propios da comunidade autónoma, “mantendo estable e ininterrompidamente estas axudas durante todos estes anos.” Deste xeito, traballaron nun protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte á violencia de xénero; lanzaron cos Bolechas unha campaña para fomentar o uso de xoguetes sen estereotipos sexistas pois “en Nadal e nas vacación de verán atopámonos co mesmo. O rosa para a nena, o carro para a nena, a fregona para a nena, a cociña para a nena… E para o neno o balón, o coche de bombeiros, etcétera. Isto segue ocorrendo a día de hoxe e ademais en grandes superficies e en non tan grandes superficies. Polo tanto, con esta campaña tamén intentamos incidir nas familias porque necesitan poñer as gafas violetas”; levaranse a cabo campañas contra a violencia de xénero en bibliotecas, festivais e festas de interese turístico cun orzamento de 775.000 euros; en deportes destinarán 1’5 millóns de euros para loitar contra esta problemática; e impulsarán novas accións no ámbito educativo cunha inversión de 3 millóns, entre outros.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.