Suma Ribeira levará ao pleno a proposición relativa á dixitalización da información e expedientes

19 Xullo 2019

20190719. O grupo municipal de Suma Ribeira presentou proposición para o próximo pleno sobre ‘Dixitalización da información e expedientes do Concello’.

Segundo manifestaron, Suma Ribeira leva esta iniciativa en forma de proposición porque consideran que “facilitar a información en formato electrónico será un avance importante e necesario tanto no que se refire a transparencia como a participación.”

Tal e como sinalaron, é preciso solicitar cita para ter acceso a un expediente e un funcionario debe estar presente mentres se realiza a consulta, podendo requirir fotocopias que se deben pagar a un prezo, “ao noso entender, abusivo.”

Deste xeito, o acceso áxil a toda a información “á que todas temos dereito legal é unha ferramenta útil que entendemos que contribuirá a dinamizar o coñecemento e capacidade de análise da actividade municipal das persoas ás que presta os seus servizos o Concello.” Asemade, pensan que axudará a que tódolos habitantes do municipio ribeirense se poidan sentir máis protagonistas e coñecedores da súa actividade con maior igualdade de oportunidades entre todas as parroquias.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.