Sube a marea dorneira en Ribeira

18 Xullo 2019

20190718. Hoxe comeza unha das citas máis esperadas de todo o verán e, incluso, de todo o ano. A Festa da Dorna arriba a Ribeira e recalará ata o 24 de xullo, festivo local, facendo tamén unha pequena parada o 9 de agosto co ‘Baile de Jala’.

Esta LXXI singradura trae unha ampla e variada programación que arranca nesta xornada, ás 16.59 horas, coa ruta en moto de Os ReventaPistóns anunciando o inicio da festa polas parroquias do municipio. O parque García Bayón acollerá, ás 18.31 horas, o evento onde se medirá a habilidade e destreza dos mellores barmans das fanequeiras con distintivo de ‘Profesional Dorneiro’. Algunhas das probas que deberán afrontar consiste en estonar patacas con cortadores de uñas, tradución do borracho ao castelán, montar a terraza cos ollos vendados e catar licor de toxo, entre outras.

Ás 21.15 horas comeza na Porta do Sol a primeira entrega do ‘Rock & Dorna’ con De Vacas en concerto. Os Pintos Joden Quintos, gañadores da ‘Copa da ReI da LXX Sinjladura’, comezarán, ás 22.35 horas, o percorrido desde a súa fanequeira, Ventos Vellos, paseando o ‘Facho Dorneiro’ polas rúas de Ribeira. A ‘Seremonia de Inisiasión’ terá lugar na Porta do Sol, ás 23.03 horas, así como o reparto da dorneiriña da actual singradura a tódalas peñas activas. Ademais, a ‘Macroqueimada Dorneira’ celebrarase no adro da igrexa ás 23.18 horas. Finalmente, continuará o ‘Rock & Dorna’, ás 23.39, co concerto de Sés.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.