Sés recalará en Ribeira para avivar o lume da Festa da Dorna

08 Xullo 2019

20190708 Unha das citas musicais da comarca máis destacadas do verán vai ter como escenario Ribeira, o 18 de xullo. Estamos a falar da recalada na porta do Sol ribeirense de María Xosé Silvar, Sés, ás 23.30 horas. A cita, unha parada da súa xira 2019, encádrase no programa das Festas da Dorna 2019, polo que terá uns cantos ingredientes extra que engadirlle á xa de por si contundente receita musical da artista bergantiñá. Estes ingredientes extra son: a troula dorneira, o bulebule das peñas e o fervedoiro multicultural no que se converte Ribeira durante estas datas especiais.

A artista está estes días presentando o seu novo traballo, Rabia ao Silencio, un disco autoeditado que é combativo só de miralo: na portada vese a unha moza que emprega a guitarra a xeito de fusil. Son, ante todo, cancións populares, folclóricas ou de autor, procedentes do legado musical de diversos países iberoamericanos, todas elas co nexo común de vir da cerna humana máis solidaria e comprometida (a cerna de artistas como Carlos Puebla, Zeca Afonso, Mercedes Sosa ou Soledad Bravo). E, tamén, de ter sido adaptadas acertadamente ao galego e, igualmente, ao particular e enérxico xeito de cantar de Sés, que as fai revivir, ao cantalas, coma se tivesen sido escritas hai un nada, agora mesmo, e aínda estivese húmida a tinta sobre o papel.

O concerto de Sés en Ribeira vén dan da Concellería de Cultura e a Real e Ilustre Confraría da Dorna, co patrocinio da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.