Rianxo prepárase para unha finde de retranca co Festival RianClown

11 Xullo 2019

20190711 A arte e o humor están na rúa, a pé das terrazas e das portas das casas, e Rianxo vai rebordar esta finde de retranca e creatividade. Estamos a falar do RianClown, o festival cómico de rúa, que se celebra entre o 12 e o 15 de xullo en diferentes recantos da vila rianxeira. O certame vén da man da Asociación Virxe do Carme coa colaboración do Concello e a Deputación da Coruña.

O programa é o seguinte: o venres 12 actúa Asacocirco, co espectáculo Circo de Lume, na praza de Castelao a partir das 21.30 horas. Ao día seguinte, será a quenda de N+1 con Circanelo, a partir das 12 horas na Praciña. O domingo actuará Antón Coucheiro, Cou, co espectáculo Sonámbulo, na praza da Manuela a partir das 12.00 horas. O luns rematan as actividades da man de Peter Punk e Brais das Hortas, que ofrecen un concerto punkinfantil na praza de Castelao a partir das 21.30 horas.

Para máis información sobre as actividades e os horarios cómpre visitar o espazo no Facebook da Asociación Virxe do Carme.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...