Rianxo acollerá o festival Rianclown do 12 ao 15 de xullo

11 Xullo 2019

20190711. O Rianclown chega a Rianxo do 12 ao 15 de xullo. Trátase dun festival cómico que pretende inundar as rúas de risas e humor.

Asadocirco so seu Circo de Lume actuará mañá, ás 21.30 horas, na praza de Castelao. O sábado 13 será a quenda de N+1 con Circanelo, ás 12.00 horas, en A Praciña. Antón Coucheiro, ‘Cou’, recollerá o testemuño con Sonámbulo o domingo 14, ás 12.00 horas, na praza da Manuela. O festival chegará ao seu fin co Concerto Punkinfantil de Peter Punk e Brais das Hortas, ás 21.30 horas, na praza de Castelao.

A Asociación Virxe do Carme de Rianxo é a encargada de organizar esta cita, en colaboración co Concello e a Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.