Rematan os campamentos deportivos da Deputación

26 Xullo 2019

20190756.- Catrocentos nenos e nenas procedentes dos 93 concellos coruñeses gozaron durante o mes de xullo dos campamentos deportivos de verán organizados pola Deputación da Coruña no centro Calvo Sotelo. Nesta última semana participaron nenos e nenas dos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira entre outros moitos.

Durante todo os mes, os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de participar en actividades náuticas, practicar tenis, fútbol, baloncesto, natación ou sendeirismo; así como gozar dun paseo en barco pola ría da Coruña e visitar lugares de interese coma a Torre de Hércules, a Casa dos Peixes, o xardín de San Carlos, o castelo de San Antón e o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume.

As deputadas responsables das áreas de Deporte e Mocidade, Cristina Capelán e Sandra González, despediron esta mañá aos 100 participantes na derradeira quenda dos campamentos, destacaron o éxito do programa e felicitaron aos monitores encargados do coidado dos cativos polo traballo desenvolvido, que incluíu un amplo programa de actividades deportivas e lúdicas.

As deputadas mostraron interese nas necesidades do centro e anunciaron a súa disposición a manter reunións periódicas para garantir que siga sendo un centro de referencia na formación profesional da mocidade.


Campamentos deportivos de verán 2019 organizados pola Deputación da Coruña

As deputadas provinciais Cristina Capelán e Sandra González visitaron o IES Calvo Sotelo, dependente da Deputación da Coruña acompañadas do director do Centro, Genaro García

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...