Recepción ás seleccións sub-11 e sub-12 de Ribeira

10 Xullo 2019

20190710.- O salón de plenos do Consistorio ribeirense foi obxecto na tarde de onte dunha recepción oficial ás seleccións sub-11 e sub-12 de Ribeira logo das súas exitosas participacións na Aveiro Cup disputada en Portugal, onde lograron o campionato e o subcampionato, respectivamente.

O acto estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contou tamén coa intervención da concelleira de Deportes Juana Brión e a presenza doutros edís pertencentes a distintos grupos da Corporación. O rexedor Ruiz Rivas destacou o alto nivel que ten hoxe en día o balompé no noso municipio e lembrou a importanciade saber compaxinar a práctica do deporte cos estudos. Logo de obsequiar a xogadores e corpo técnico cunhas medallas, o encontro rematou coa tradicional foto de familia na escalinata do vestíbulo da Casa Consistorial.

20190709. Recepción oficial ás seleccións sub-11 e sub-12 de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.