Palangreiros de Ribeira amosan a súa preocupación pola situación en Mauritania

27 Xullo 2019

20190727.-

 A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse esta semana con representantes da asociación Orpal, que agrupa a buques palangreiros de Ribeira e Marín, para escoitar as inquedanzas desta entidade en relación ás dificultades coas que se atopan no espazo entre as fronteiras de Mauritania e Marrocos os camións que transportan o peixe que captura esta frota.   

O presidente de Orpal, José Antonio González, trasladou á titular de Mar a preocupación desta entidade, compartida pola Xunta, xa que os bloqueos que se rexistran na zona da fronteira mauritano-marroquí impiden o normal desenvolvemento do transporte de produtos frescos da pesca a España, cuestión na que a Consellería vén traballando desde febreiro deste ano, momento onde se empezaron a intensificar os cortes na estrada entre ambos países.

Na xuntanza, na que tamén estivo a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, a conselleira do Mar expuxo aos representantes de Orpal os contactos realizados co Goberno central solicitando xestións para dar solución a esta situación. Neste sentido, a conselleira explicou que lle trasladou hai máis de cinco meses a preocupación en relación a esta cuestión a través dunha misiva á secretaria xeral de Pesca.

Nesta carta, o Goberno galego solicitou ao Ministerio de Pesca a mediación entre Marrocos e Mauritania e a demanda á Comisión Europea do establecemento de medidas transitorias e excepcionais como a validación da realización de descargas de peixe no porto de Dakhla por parte dos buques afectados.

Esta mesma demanda trasladouna no mes de febreiro a conselleira do Mar ao director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da Comisión Europea nunha xuntanza mantida en Bruxelas e volveuna a reiterar máis recentemente en dúas novas ocasións á Secretaría Xeral de Pesca noutras tantas misivas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.