Paco Nogueiras presenta Radio Bulebule o 9 de agosto en Cabo de Cruz

29 Xullo 2019

20190729 A rapazada de Boiro ten este mes de agosto, o día 9, unha cita para subliñar con trazo ben visíbel no calendario. Estamos a falar do concerto que vai ofrecer o home-orquestra Paco Nogueiras no parque do Subuqueiro, en Cabo de Cruz, onde presentará o seu novo traballo musical: Radio Bulebule, editado por Kalandraka, un libro-disco imprescindíbel para calquera biblioteca-discoteca infantil e xuvenil. A cita, que vén da man do Concello e máis da Deputación da Coruña, será unha actividade de balde para todos públicos.

Para quen non o saiba (a estas alturas), Paco Nogueiras é hoxe por hoxe un dos artistas galegos máis queridos (e requiridos) polas nosas nenas e nenos, en festivais, actos de presentación, feiras, romarías e concertos. Logo do éxito de Brinca Vai!, éxito de vendas e cuxas cancións aínda seguen vivas en calquera acto festivo onde se xunte un mínimo de cativada, volveu dar no albo (dende o punto de vista artístico, musical e comercial) con Radio Bulebule, que é o que se presenta en Cabo de Cruz, unha homenaxe á rica tradición comunicativa e informativa do medio radiofónico, servida a través dunha serie de éxitos musicais con cadansúa cuña de presentación.

Sobre o autor

Nado no 1970 en Santiago de Compostela, Paco Nogueiras é diplomado en Graduado Social, músico e actor. Tras formarse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e escolas. Foi actor e percusionista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Na actualidade forma parte da Orquestra Os Modernos, da compañía Os Tres TENedORES e da Campaña de Animación á Lectura da editorial galega Kalandraka. Ten participado en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Ten colaborado con Ophiusa e co proxecto Apego.

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado no lugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.