Os socialistas de Ribeira levarán a pleno dúas cuestións sobre Palmeira e Aguiño

19 Xullo 2019

20190719. O grupo municipal ribeirense do PSdeG-PSOE vén de presentar dous asuntos que levarán ao pleno, un na parroquia de Palmeira e outro na de Aguiño.

O primeiro ten que ver coas obras de pavimentación da rúa Revaleiras na parroquia de Palmeira, as cales levan paralizadas desde o mes de marzo. Segundo indicou o partido político, isto ocasiona que algúns veciños non teñan acceso ao seu garaxe, polo que non poden gardar o seu vehículo, a pesar de pagar o correspondente vado municipal. Os socialistas manifestan que o PXOM do Concello de Ribeira define “claramente” os aliñamentos a respectar en dito camiño público, que coincide exactamente co aliñamento das vivendas construídas, é dicir, unha vía de 6 metros de ancho. Deste xeito, recordan a condición xeral n° 12 que se recolle nas concesións de licenzas urbanísticas: “O espazo de terreo sobrante entre a liña de edificación e a vía pública, no solo urbano, quedará automaticamente incorporado a esta coma ben de dominio e uso público.” Por todo o exposto, fan as seguintes preguntas: “1. Sr. Alcalde, cál é motivo de que as obras de pavimentación en dita rúa estén paralizadas? 2. As aliñeacións do vial vai a corresponder co vixente PXOM? 3. Vánse a permitir muros de peche no camiño veciñal 9001 fora da alineación oficial?”

Respecto do segundo tema a tratar, os socialistas expresan que na rúa do Porto en Aguiño, na explanada fronte á Casa do Pescador, fronte ao almacén da Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, fronte aos bares do porto e no parque dos Campos do Sur, “obsérvase a escuridade durante a longa noite, debido a que as lámparas do alumeado público alí instaladas, en forma de farolas, e luminarias verticais non funcionan.” Destacan que se trata dunha zona céntrica da localidade con moito movemento, especialmente nestes pasados días das festas patronais. Por todo isto, piden que por parte de quen corresponda, Concellería de Obras e Urbanismo ou Alcaldía, “se dé orde para efectuar a reparación de dita dotación do equipamento do alumeado na rúa do Porto de Aguiño; ou, de ser o caso, se dé conta ao Organismo competente da deficiencia, para que efectúe a reparación das luminarias, e garantir así os obxectivos que caracterizan ao servizo de alumeado deste Concello de Ribeira.”

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.