Os remeiros botaranse ao mar este sábado na Pobra

03 Xullo 2019

20190703. O sábado 6 de xullo, ás 18.00 horas, terá lugar a celebración da XIV Bandeira Concello de A Pobra de Traiñeiras, terceira proba puntuable da Liga Galega de Traiñeiras A (LGT). Neste evento deportivo, as 11 mellores tripulacións da competición autonómica loitarán pola bandeira de gañador, puntos en xogo e premios económicos.

A proba disputarase en 6 longos, en vez dos tradicionais 4, facendo que o espectador presencie o paso dos equipos en maior número de veces e visualice máis ciabogas. O arranque da competición prevé igualdade total, sendo Ares o equipo favorito para ondear a bandeira de vencedor.

A pesar de non competir este ano na Liga Galega de Traiñeiras, o Club de Remo Puebla continúa apostando forte polo deporte de remo, na súa modalidade raíña, a traiñeira, e xunto co Concello da Pobra fan posible que os afeccionados poidan desfrutar desta proba, na que os equipos que compiten na mesma se repartirán 9.000 euros en premios.

A organización desta regata pon o foco de atención de todos os seareiros do remo en Galicia, especialmente nun momento no que, a pesar de non competir en traiñeira no presente verán, o Club de Remo Puebla está vivindo un dos seus mellores momentos históricos no que a actividades se refire. De feito, máis de 100 persoas forman parte deste equipo humano, desde alevíns ata a recente formación dun equipo de nais de remeiros.

Co obxectivo de financiar a celebración deste evento, o Concello pobrense aportará 10.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.