Os amantes da arte teñen varias citas no Faiado Tenda-Galería

05 Xullo 2019

20190705. O Faiado Tenda-Galería acollerá durante xullo e agosto talleres prácticos de iniciación á fotografía a cargo de Carlos Puga, onde os interesados aprenderán a empregar as diversas ferramentas das súas cámaras para facer boas capturas. Deste xeito, as clases prácticas impartiranse na rúa, mentres que a teoría e revisión serán na aula. O prezo é de 50 euros. As datas e horarios a elixir son as mañás do 15, 16, 17, 18 e 19 de xullo de 10.30 a 12.30 horas, así como as tardes do 15, 17 e 19 deste mesmo mes de 19.30 a 22.30 horas. Tamén as mañás do 5, 6, 7, 8 e 9 de agosto de 10.30 a 12.30 horas, do mesmo xeito que as tardes do 5, 6, 7 e 8 de 19.30 a 22.00 horas.

Respecto do workshop, Introducción al cuaderno de viaje que terá lugar o 27 de xullo, de 10.00 a 14.00 horas, onde se traballará a iniciación básica á acuarela con Perla Igual, este custa 35 euros con material incluído.

Así mesmo, está programada unha exposición colectiva de pintura e escultura para o 31 de agosto, na que participan Fernando Rei, Oscar Cabana e Antonio Souto, coincidindo coas Festas de Ribeira, e que se poderá visitar ata o 27 de setembro.

Ademais, este mes o Faiado Tenda-Galería colabora co Concello de Ribeira levando unha exposición de fotografía de Marisol Penas.

Outros artigos

A Curota énchese de bandeiras galegas nunha caravana patriótica

A Asemblea Intercomarcal de Mulleres do BNG Barbanza–Muros Noia organizou este domingo 13 de xullo pola mañá unha caravana patriótica que partiu ás 11.30 horas desde A Pobra do Caramiñal con destino ao miradoiro da Curota, dentro da programación de actividades previas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.