O PSdeG-PSOE interesouse pola posible instalación de contedores nos peiraos da Pobra e Ribeira

09 Xullo 2019

20190709. A portavoz de Pesca do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Loli Toja, estivo onte na Pobra do Caramiñal para interesarse polo proxecto de Portos de Galicia respecto da instalación de contedores de peixe conxelado nas inmediacións do peirao comercial, xusto na zona onde se traballan nas descargas de atún. A deputada estivo acompañada pola edil socialista, Patricia Lojo, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e representantes dos estibadores e as consignatarias. Estes últimos trasladáronlle a súa preocupación, pois a instalación de ditos contedores faría perigar ao redor de 600 postos de traballo entre A Pobra e Ribeira.

Loli Toja destacou que vai trasladar ao Parlamento iniciativas que manifesten o malestar dos afectados pois faría perigar moitos empregos e a seguridade dos traballadores. De feito, indicou que “xa temos rexistradas preguntas, sobre todo, porque entendemos que isto, ao final, é unha consecuencia da falta de transparencia habitual de Portos de Galicia e da Consellería do Mar.” Ademais, expresou o impacto visual que causarían estes contedores na fachada marítima.

Pola súa parte, Patricia Lojo fixo referencia á posta en risco da descarga de túnidos porque, no caso de levarse a cabo dito proxecto, “temos a preocupación de que se perda esta actividade, de que se perdan moitos postos de traballo, porque de aquí sae a descarga para tódalas conserveiras de Galicia.”

O rexedor, Xosé Lois Piñeiro, pediu unha reflexión por parte do goberno galego e indicou que “queremos que se nos dea unha explicación.” Así mesmo, precisou que Concello e consignatarios presentaron un recurso de reposición, á espera de recibir resposta.

Tamén os afectados manifestaron a súa preocupación polos seus postos de traballo, así como a posibilidade dunha “deslocalización da industria conserveira.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...