O percebe será o protagonista de Aguiño o 4 de agosto

26 Xullo 2019

20190726. A parroquia ribeirense de Aguiño celebrará o domingo, 4 de agosto, unha das citas gastronómicas máis arraigadas no calendario estival da comarca: a vixésimo segunda edición da Festa do Percebe. Este evento coincide así co último día das Festas de Ribeira por mor das mareas e para garantir a cantidade do percebe, así como a súa calidade.

A idea da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño é a de repartir preto dunha tonelada deste crustáceo, repetindo a cifra da pasada edición. O evento comezará, ás 12.00 horas, coa regata de traíñas II Bandeira Festa do Percebe de Aguiño no porto desta localidade. Despois, ás 12.30 horas, procederase á entrega de galardóns aos percebeiros de honra. Ás 12.45 horas terá lugar a apertura da exaltación deste marisco nunha carpa de 840 metros cadrados cheo de mesas para a súa degustación ata esgotar existencias.

A ración estará composta por 350 gramos de percebe, cachelo e pan en prato de cerámica de Buño a un prezo de 15 euros. Tamén se poderá comer empanada variada do lugar a 3 euros. Ademais, haberá refrescos varios e viños albariño e ribeiro a prezos populares. A música correrá a cargo dun grupo de gaiteiros que animará o ambiente.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...