O Parque Natural de Corrubedo mostra a súa riqueza con visitas guiadas de balde

03 Xullo 2019

20190703 O Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (Ribeira) está estes días a pleno rendemento no que a actividades de divulgación se refire. De feito, a dirección ten preparadas unha serie de accións de balde para este mes de xullo. Para comezar, están programados roteiros guiados para coñecer a riqueza natural do parque, de martes a domingo, con horarios de partida ás 11.00 e ás 16.30 horas (agás o sábado).

Asemade, cada sábado organizaranse eventos especiais. Este sábado 6 de xullo, de feito, está programada unha sesión de divulgación e recepción para as familias con nenas e nenos de máis de catro anos. Será ás 11.00 horas e desenvolverase baixo o seguinte epígrafe: Animais do Parque Natural de Corrubedo: guiándonos polos rastros.

Estas actividades son de balde, pero participar nelas cómpre inscribirnos previamente, ao achegarse un número limitado de prazos. Podemos facelo a través do teléfono 981 878 532 ou ben de xeito presencial no propio Centro de Recepción de Visitantes do Parque (que ten o seguinte horario: de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas). Para calquera dúbida tamén podemos enviar un correo electrónico ao enderezo parque.natural.corrubedo@xunta.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.