O mar protagonista do verán pobrense

13 Xullo 2019

20190713.- O Concello de A Pobra a través da oficina de Turismo organizou múltiples actividades relacionads co mar. Asi terá viaxes en veleiro os sábados e domingos dende o 20 de xullo ata o 25 de agosto (ámbolos dous incluídos). embarcación é un veleiro de 12 m de eslora, o Mascato, con capacidade para 10 persoas.

A duración das viaxes é de 1,15 h. O paseo consiste nunha viaxe pola ría da Arousa, non hai parada en ningún sitio . As frecuencias das viaxes son: ás 11:00 h, ás 13:00 h, ás 16:30 h, ás 18:00 h e ás 19:30 h. É necesario reservar con antelación na oficina de Turismo ou ben a través de calquera medio do Departamento de Turismo da Pobra do Caramiñal (correo electrónico  turismo@apobra.gal ou no teléfono 687 482 835 / 671 090 262.

Prezos: 12 € por persoa os adultos e 8 € os nen@s ata 12 anos. En caso de que haxa máis dun nen@ irmá, menor de 12 anos, o segundo, terceiro, etc, pagará 4 €.

VIAXES ÁS ILLAS EN CATAMARÁN DENDE A POBRA DO CARAMIÑAL: Domingo 21 de xullo viaxaremos á illa de Ons: sairase ás 9.00 h do porto náutico da Pobra do Caramiñal e regresarase ás 17:30 h aproximadamente.Cada adulto/a deberá pagar 21€ e cada neno/a de 4 a 12 anos, 12€. Inclúe o transporte de ida e volta e mais unha ruta guiada.

Domingo 4 de agosto viaxaremos ás illas Cíes: sairase ás 9.00 h do porto náutico da Pobra do Caramiñal e regresarase ás 19:30 h aproximadamente.

Cada persoa adulta deberá pagar 25€ e cada neno/a de 4 a 12 anos, 15€. Inclúe o transporte de ida e volta e mais unha ruta guiada.

Domingo 25 de agosto viaxaremos viaxaremos pola Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla.  A hora de saída dependerá da marea. As prazas son limitadas. As persoas interesadas en calquera das viaxes deben reservar e realiza-lo pagamento antes do día da viaxe. Mais información no teléfono 986 320 048, no horario de 9:00 a 20:00 h e na Casa Mariñeira (oficina de turismo) en horario de luns a venres das 9:30 ás 14:30 h e das 18:00 a 20:30 h; no punto de información turística da Pobra do Caramiñal instalado no Museo Valle-Inclán en horario de martes a sábado, das 11.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 20.00 h; chamando ó número de teléfono 671 090 262 ou ó  687 482 835; a páxina do Facebook oficial de Turismo, chamado Turismo A Pobra do Caramiñal, ou tamén a través a webmunicipal:  apobra.gal

Viaxe as Illas en catamarán A Pobra

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.