O Holi tinguirá de cor os emprazamentos pobrenses

17 Xullo 2019

20190717. Coincidindo co último día do Entroido Quente na Pobra, chega o Holi o domingo 28 de xullo. Trátase dunha carreira non competitiva e para tódalas idades, que inundará de cor, nunca mellor dito, a vila.

Ataviados con camiseta branca, o punto de encontro será a praza Maior, ás 10.30 horas, onde se procederá á entrega de material, entre o que se atopan lentes e bolsas de po de balde, para posteriormente dar a saída da carreira, ás 11.30 horas. Ademais, haberá festa de escuma de dúas cores.

Para participar é necesario inscribirse na páxina web www.aninfoshow.com do 15 ao 26 de xullo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.