O Festival Entre Bateas volverá ser a capital galega do metal

11 Xullo 2019

20190711 Di a xente que visita O Barbanza no verán que como aquí non se está en ningún sitio: temperatura ideal, natureza, paisaxes espectaculares, xente acolledora e, aínda por enriba, música a esgalla. Sobre este último punto está claro que temos unha chea de festivais dos que presumir, en todos os concellos. Entre os máis atronadores, no bo sentido da expresión, atópase o Festival Entre Bateas da Pobra do Caramiñal, cuxa cuarta edición celébrase os días 30 e 31 agosto: un bo xeito de dicirlle até logo, ben alto e para que se escoite, ao ecuador do verán.

Entre Bateas, o noso particular Resurrection, é un festival centrado no metal, no hardcore, no trash e no rock que, ademais de facer un repaso polo máis potente e relevante da música actual destes estilos, é gratuíto e ofrece aos visitantes unha zona de campamento que tamén é de balde. Neste edición pasará polo escenario un elenco de grupos máis que destacado: Toundra, Aphonnic, Atomic Zeros e Grilo, na xornada do 30 de agosto, e Koma, Escuela de Odio, Strikeback e LDH (Los Del Humo) na segunda xornada, a do 31.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.