O Festival da Trastenda lévanos este sábado ás raíces do rock

09 Xullo 2019

20190709 Esta fin de semana a festa non decae, mantense e mesmo vai a máis. Para a comunidade rockeira de Barbanza e do resto de Galicia, que foi, é e seguirá a ser grande en todo o sentido do termo, a Pobra do Caramiñal ofrécelle o día 13 de xullo (sábado, a partir das 21.00 horas) a segunda edición do Festival da Trastenda, unha cita de balde que contará coa presenza dalgúns dos mellores grupos da contorna, como por exemplo The Fender’s Leña (Pobra), Espazo en Branco (Ribeira) e Os Bar Ban Sónicos (Pobra).

Tamén pasarán polo escenario as bandas galegas The Lelli Kelly’s e Thee Blind Crows, dous referentes desa máis que interesante zona de confluencia onde se xuntan e botan faíscas o rock, o blues, o punk e máis o estilo que se poña por diante.

O festival terá como escenario as pistas de Lapido. Será cen por cen de balde e, ademais, haberá bebidas e algo de petiscos a prezos populares. O cartaz do festival, moi celebrado, foi obra de Armando Carril.

O certame vén da man da Asociación Cultura A Trastenda coa colaboración do Concello da Pobra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.