O Campionato de España Dobles de Pitch & Putt disputarase este fin de semana en Barbanza Golf

12 Xullo 2019
Cedida por Barbanza Golf

20190712. O campo de Barbanza Golf, situado no municipio de Boiro, acollerá este fin de semana o Campionato de España Dobles de Pitch & Putt. Na décimo terceira edición desta proba, 60 parellas loitarán por facerse cun dos títulos máis anhelados do calendario para os xogadores desta especialidade do golf.

Liderando o listado, os vixentes campións, Bernabé González e César Fernández de Caleya (cun hándicap exacto acumulado 3’9), terán que facer fronte á dura competencia dos equipos formados polos insulares Carlos Vega e Antonio Esteban (3’9), os valencianos Carlos Abril e José Luis Ventura (1), e os galegos Matías Maquieira e Jorge Ramos (4).

En total son 13 os equipos que presentan un hándicap inferior a 10, polo que todo indica o desenvolvemento dunha competición igualada.

O formato deste evento establece dúas xornadas de xogo Stroke Play de 18 buracos cada unha delas, a primeira baixo a modalidade fourball e a segunda baixo a modalidade Copa Canadá.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.