O Campamento Audiovisual de Rianxo aínda ten prazas

15 Xullo 2019

20190715 O noso audiovisual ten vimbios para ser unha potencia o día de mañá. Noutras palabras: hai canteira. Co obxectivo de fortalecer e impulsar vocacións creadoras, estase a impulsar este mes de xullo, en Rianxo, un obradoiro estival para novas directoras e directores. O Campamento Urbano Audiovisual, que comeza este 16 de xullo (até o día 27) da man do Concello (Servizo de Xuventude), aínda ten prazas para novas incorporacións. Será no Pazo de Rianxiño e nel teñen cabida mozas e mozos de entre 13 e 17 anos.

O campamento ten como obxectivo a creación dunha curtametraxe. Segundo informa a organización, as e os participantes terán a oportunidade de mergullarse en todas as fases para a creación da curta: elección da idea, elaboración do guión literario e do guión técnico, escolla de recursos e casting, preparación e ensaios, rodaxe, montaxe e estrea e gala final.

O campamento realizarase do 16 ao 27 de xullo (agás domingo 21 e xoves 25) de 10:00 a 14:00 horas, no Pazo de Rianxiño. O prazo de inscrición comezará o vindeiro xoves 04 de xullo, ás 10:00 horas. Os obradoiros serán impartidos por Merenda Creativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...