O 16 de xullo recala na Pobra o Teatro Calavera

12 Xullo 2019

20190712 Este martes 16 de xullo, temos teatro pirata (no sentido máis aventureiro e literario do termo) para os máis novos na Pobra do Caramiñal. Estamos a falar da obra Festa pirata na Illa Calavera, a cargo do grupo Teatro Calavera. Será no Cantón da Leña a partir das 20.30 horas.

Segundo nos conta o Concello, organizador da actividade a través da Concellería de Cultura (en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña), Festa pirata na Illa Calavera é un espectáculo que conta como protagonistas a dúas célebres piratas (Mary Read e Anne Bonny), dúas amigas que terán que afrontar un dos grandes retos da súa atarefada carreira en altamar e de illa en illa: socorrer ao pirata Calavera, que naufragou nunha illa descoñecida, e que enviou para o seu rescate unha mensaxe nunha botella. Como recompensa, ofrece “o seu maior tesouro” a quen consiga traelo de volta.

A obra de Teatro Calavera terá un formato interactivo con respecto ao público: en palabras do grupo escénico, trátase dun “xogacontos”, ou sexa, un conto participativo no que se busca que as nenas e nenos participen e se expresen a través de xogos musicais e bailes, seguindo o fío condutor dunha historia.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.