Manuel Ruiz propón preto de 26.000 euros brutos anuais para as dedicacións parciais de cada grupo municipal

02 Xullo 2019

20190702. Onte celebrouse en Ribeira a xunta de portavoces, onde o alcalde, Manuel Ruiz, trasladou de xeito formal as propostas que pretende levar ao pleno de organización, previsto para o xoves ás 20.00 horas. Durante a reunión tratáronse diversos puntos coma, por exemplo, a retribución dos concelleiros de cada grupo político no suposto de aceptar a dedicación parcial ofertada por Ruiz. O importe sería de 25.207’53 euros brutos anuais, o cal representa o 75% da xornada laboral. Por outra banda, suxeriuse unha suba xeneralizada das asignacións pola asistencia a plenos e comisións informativas, entre outros.

Vicente Mariño de Bricio, do PBBI, aseverou que “non imos aceptar a proposta da Alcaldía e non imos aceptar nin coller esa dedicación que nos quere outorgar.”

Pola súa parte, José Manuel Vilas, do PSdeG-PSOE, declarou que “é algo que temos que estudar dentro do grupo municipal socialista e tomaremos unha decisión”, a cal darán a coñecer durante a celebración do pleno de organización.

Tamén Xosé Vázquez Cobas, do BNG, indicou que escoitaron as propostas “e vamos estudialas para tomar unha decisión” que manifestarán no pleno, tal e como se decidiu en asemblea.

Así mesmo, Xurxo Ferrón, de Suma Ribeira, indicou que hoxe celebraron unha asemblea para estudar os diversos puntos e tomar unha decisión do que votarán no pleno. Ademais, apuntou que “se propón algo moi novidoso e non moi habitual nos concellos de Galicia, que os voceiros de grupos políticos da oposición teñan unha asignación excluíndo a Suma Ribeira.” Ferrón preguntou o por que deste descarte, pero o rexedor “non me deu resposta que me parecese racional ou convincente”, algo que, segundo indica, tamén lles podería afectar respecto aos locais dos grupos municipais que se trasladarían provisionalmente ao Auditorio Municipal mentres non se acondicione a casa consistorial.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.