Licitada a reposición do pavimento asfáltico en dúas vías da parroquia ribeirense de Castiñeiras

17 Xullo 2019

20190717. O Concello de Ribeira informa da licitación da actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e Os Páramos, na parroquia de Castiñeiras.

Desde o Concello manifestan que as dúas vías presentan un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado en certos tramos, razón pola cal se persegue a súa mellora a través dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor, previa limpeza das súas marxes.

O orzamento deste proxecto ascende a un total de 48.881 euros e o seu prazo de execución son dous meses. Ademais, está financiado polo Plan de Obras e Servizos (POS) provincial.

O período de presentación de ofertas expira o 5 de agosto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.