Licitada a renovación de pavimento en beirarrúas e calzada nun tramo de Xarás

03 Xullo 2019

20190703. O Concello de Ribeira vén de licitar unha nova actuación consistente na renovación do pavimento en beirarrúas e calzada nun tramo da avenida Carregal Rey, no polígono industrial de Xarás, dando continuidade a outra intervención semellante emprendida o outono pasado.

O orzamento da obra ascende a 119.600 euros, IVE incluído. A actuación conta cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ao abeiro da orde do 17 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia.

As beirarrúas onde se centra a actuación están pavimentadas actualmente en formigón en masa e presentan un estado deteriorado ao igual que a calzada. Por esta razón, proxéctase a pavimentación das devanditas beirarrúas cunha capa de formigón de 20 centímetros de espesor e a pavimentación da calzada con aglomerado asfáltico en quente ao longo de 265 metros.

O prazo de execución son dous meses e as empresas dispoñen ata o 9 de xullo para presentar as súas solicitudes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...