Increméntase na nosa costa o número de cetáceos varados

17 Xullo 2019
Golfiño atopado en Corrubedo o pasado mes de xuño nunha imaxe da CEMMA

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) vén de advertir dun importante incremento no número de varamentos de cetáceos nas nosas praias, un preocupante índice que afecta non só á especie de mamíferos mariños que máis se deixa ver no litoral barbanzán, os arroaces, senón tamén a outros tipos de golfiños e baleas. En termos máis concretos, CEMMA sinala que o número de días transcorridos no que vai de 2019 coincidiu cun varamento: un por xornada. Esta cifra é a máis alta dos últimos anos.

Ademais, os casos de cetáceos que foron dar aos nosos areais multiplicáronse por catro respecto ao ano 2015.

Deste xeito, malia que a coordinadora recoñece que é no primeiro trimestre do ano cando se producen máis mortes e doenzas destes animais (cousa que vén condicionada polas borrascas e ventos do suroeste), os membros da plataforma foron quen de detectar que “ese ritmo tan alto non baixou na primavera, e tivemos uns meses de abril e xuño que superan moito ás medias da última década”.

A coordinadora achegou unha gráfica para acompañar o informe. Nela móstrase como ano tras ano foron incrementándose os varamentos, dende os menos de 50 en 2015, até os 180 en 2019. Un dos máis recentes (na imaxe) localizouse o pasado 9 de xuño nas praias de Corrubedo. Foi o golfiño número 3.000 que acaba en terra nun período de tres décadas.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.