Gadis entregou os agasallos da súa campaña de hábitos saudábeis na nenez

04 Xullo 2019

20190704 O grupo alimentario galego Gadis e a Fundación para o Estudo da Obesidade SEEDO veñen de entregar os premios da máis recente edición do seu programa de hábitos saudábeis Alimentes, que pon o foco na rapazada (promovendo a comida sa e o exercicio físico e facendo fronte común para frear o incremento da obesidade na nenez). A campaña pechouse cun sorteo de agasallos entre os máis de 8.000 alumnos de Educación Infantil e Primaria de Galicia e Castela e León que tomaron parte activa en Alimentes. En cada unha das 15 localidades nas que se puxo en marcha a actividade agasalláronse unha bici, unha tableta e un patinete. Na campaña participaron escolares de Ribeira e Pobra do Caramiñal.

Previamente, a rapazada recibiu formación teórica e práctica sobre “aspectos clave” no seu desenvolvemento persoal”. Nesta edición, que se levou a cabo entre os meses de xaneiro e xuño, os monitores especializados fixeron fincapé na vertente ambiental do programa, sensibilizando ás nenas e nenos sobre a importancia de contribuíren á preservación do planeta.

Alimentes levouse a cabo en 15 localidades: A Coruña, As Pontes, Ferrol, Lugo, Narón, Ourense, Palencia, Pobra do Caramiñal, Ponferrada, Pontedeume, Ribeira, Santiago de Compostela, Salamanca, Valladolid e Vigo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.