Doce ofertas presentadas para a renovación da cuberta do pavillón de Sirves, en Olveira

12 Xullo 2019

20190712. O Concello de Ribeira informa de que, finalizado o prazo de presentación de ofertas, foron doce as propostas presentadas á actuación consistente na renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Sirves, situado na parroquia de Olveira.

Cun orzamento de 54.817 euros, IVE incluído, a actuación está cofinanciada con 38.371 euros pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, ao abeiro da orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas aos concellos de Galicia para o ano 2019.

Conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello, o pavillón ten en liñas xerais un bo estado de conservación pero rexistra episódicos problemas de filtracións de auga de chuvia que deixan en ocasións a pista impracticable. Por tal motivo, o Concello pretende renovar a cuberta desmontando a actual, previa instalación dos elementos de seguridade, para montar a nova a base de panel sandwich nervado, de 30 milímetros de espesor, formado por dúas chapas de aceiro prelacado con illamento entre ambas de espuma de poliuretano ríxido. Logo procederase ao remate da cuberta para a colocación de canalón na fachada principal, así como a apertura de ocos na fachada norte e colocación de fiestras.

O prazo de execución ascende a un mes e medio.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...