Definidos os asuntos a tratar no pleno ordinario do 29 de xullo en Ribeira

11 Xullo 2019

20190711. Onte tivo lugar unha nova xunta de portavoces da corporación municipal de Ribeira. Algúns dos aspectos que se tratarán no pleno ordinario que se celebrará o 29 de xullo son o concurso para a xestión da canceira municipal, a prórroga dun ano no contrato asinado coa empresa que xestiona a gardería municipal e a actualización do contrato da recollida do lixo.

Así mesmo, estableceuse o número máximo de mocións que os grupos poderán levar anualmente. Deste xeito, correspóndenlle 30 ao PP, 30 ao PBBI, 20 ao PSdeG-PSOE, 20 ao BNG e 15 a Suma Ribeira.

O portavoz do PBBI, Vicente Mariño de Bricio, presentou ante o Secretario Xeral o escrito da renuncia do seu grupo á dedicación parcial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.