Convocadas as bases para a concesión de bolsas a deportistas individuais de Ribeira

31 Xullo 2019

20190731. O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe o anuncio oficial en virtude do cal se convocan as axudas a deportistas individuais durante o exercicio 2019.

A partida destinada a este concepto ascende a 14.000 euros, existindo dúas liñas de subvención. Por unha banda, a Beca Tokio 2020, designada a deportistas de alto rendemento integrantes dos equipos das seleccións nacionais absolutas, con opción de clasificarse para participar na Olimpíada Tokio 2020, asignaranse 6.000 euros, cunha contía máxima de cada bolsa de 3.000 euros. Pola outra, a beca para outros deportistas que destacaran na súa faceta competitiva no ano 2018, destinaranse 8.000 euros, cunha contía máxima de cada bolsa de 1.000 euros.

Os deportistas beneficiarios deben cumprir unha serie de requisitos, entre os que figuran ter a condición de deportista na práctica dalgún deporte olímpico (aínda que atendendo á especial importancia dun feito deportivo poderá valorarse a inclusión nestas bolsas de deportistas practicantes de deportes non olímpicos); ter nacido no Concello de Ribeira e/ou estar empadroado cunha antigüidade mínima tres anos desde a publicación deste anuncio; ter licenza federativa no momento de realizar a solicitude; e estar ao corrente das obrigas fiscais co Concello de Ribeira, así como das obrigas coa Axencia Tributaria e a Seguridade Social.

O prazo para presentar solicitudes é de 15 días.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

Aproveitarse da boa fe das persoas que o están pasando mal e que non poden acudir a unha entidade financeira en busca de financiamento, poñendo como garantía a vivenda habitual é algo inhumano. Pois si, hai moitos personajillos usureiros, considerados como...

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

O pasado venres 7 de abril a Asociación Etnolóxica ADMR de Castelao ofreceu no pazo Martelo, en Rianxo, unha homenaxe a José María Vicente Somoza, na celebración do 50º aniversario do achado do Casco de Leiro o 7 de abril de 1976. Este día, José María traballaba nun...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.