Condenado a catro anos de cárcere o autor dun incendio en Ribeira

16 Xullo 2019

20190716. A sección sexta da Audiencia Provincial de A Coruña, con sede en Santiago, condenou a catro anos de cárcere como autor dun delito de incendio a Jesús Emilio Fernández, quen participara na extinción de varios incendios como voluntario de Protección Civil cando en agosto de 2013 provocou un incendio próximo a núcleos urbanos de Ribeira.

O tribunal tamén lle impuxo o abono dunha indemnización á Xunta de Galicia de 85.203 euros polos gastos de extinción e de 79.062 euros á Consellería de Medio Rural e aos tres propietarios de terreos afectados polos danos ocasionados na madeira. O lume calcinou 180 hectáreas, das cales 130 eran de monte con árbores, atravesou a autovía de Barbanza e propagouse ata o polígono industrial de Xarás e preto do hospital comarcal. Ademais, a extinción deste incendio durou 60 horas. O tribunal destaca que a Dirección Xeral de Montes da Xunta o cualificou de nivel 1 debido “ao seu grave risco.”

Os maxistrados indican na resolución que o imputado coñecía “o monte incendiado, os seus camiños e as condicións medioambientais que provocan a propagación do lume” e conclúe que foi orixinado “de forma intencionada, non por unha neglixencia.” Así, sostén que o condenado “provocou voluntariamente, polo menos, dous focos de lume practicamente simultáneos na proximidade de dous núcleos rurais.”

O tribunal recalca que o incendio “repercutiu moi negativamente, tanto nos valores recreativos e sociais da zona coma no deterioro do patrimonio medioambiental e arqueolóxico”, ademais de causar “cuantiosas perdas económicas”, tal e como figura nun informe da Xunta.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.