Comezan os campamentos de conciliación en Ribeira con 160 rapaces participantes

01 Xullo 2019

20190701. Os campamentos Xoga con Nós e Campo of Cultural Summer organizados polo Concello de Ribeira comezaron hoxe no CEIP O Grupo coa participación de 160 rapaces de 3 a 12 anos de idade.

A concelleira de Cultura, María José Sampedro, foi a encargada de comprobar o arranque desta acción formativa que se prolongará durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres. A edil sinalou que “máis ou menos o temario é o mesmo, as actividades son as mesmas, pero varía que un é integramente en inglés”, así como a importancia destes campamentos para facilitar a conciliación familiar e laboral dos seus proxenitores “sobre todo en verán, que os rapaces están de vacacións.” Ademais, así non perden o contacto cos compañeiros e amigos.

Así mesmo, o alumnado destes campamentos seguirá enriquecendo a súa aprendizaxe porque este ano o campamento incidirá na etnografía e no patrimonio cun primeiro mes que estará dedicado aos oficios e diferentes elementos tradicionais da vida galega, mentres que en agosto abordará o noso folclore. Sampedro tamén indicou que “unha vez á semana farán algunha saída coma, por exemplo, aos departamentos municipais ou a algún monumento emblemático do municipio.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...