Cinco bibliotecas municipais recibirán axudas da Xunta para dinamizar a lectura

18 Xullo 2019

20190718. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou da resolución das axudas a entidades locais para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e axencias de lectura de titularidade municipal das que se beneficiarán un total de 5 centros dos 4 concellos que conforman a comarca no norte da ría de Arousa: Biblioteca Pública Municipal de Ribeira, Biblioteca Pública Municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal, Axencia de Lectura Municipal de Escarabote, Biblioteca Pública Municipal Boiro e Biblioteca Pública Municipal Castelao de Rianxo.

Estes centros recibirán máis de 10.000 euros destinados á realización de actividades de animación á lectura no marco do programa ‘Ler conta moito’, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal.

Para optar a estas axudas, as bibliotecas ou axencias de lectura teñen que estar adheridas a este programa mediante o cal poñen a disposición dos profesionais dinamizadores as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento efectivo de cada actividade contratada, organizar puntualmente cada función e colaborar nas accións complementarias ás actividades para o seu maior aproveitamento por parte dos usuarios.

O importe concedido a cada concello, superior a 1.000 euros para cada unha das  bibliotecas ou axencia beneficiarias, deberase empregar para financiar o 75% do custo de cada unha das actividades e deberase financiar con fondos propios o 25% restante.

As actividades incluídas nesta iniciativa son moi diversas, desde obradoiros creativos, narración oral, divulgación do coñecemento, audiovisual na biblioteca ou actividades de dinamización con música, teatro e danza, entre outros. Todas estas iniciativas están dirixidas a públicos específicos, como bebés de 0 a 3 anos, mozos e adultos e desenvolveranse ata o 27 de outubro de 2019.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.