Chega a Rianxo o novo espectáculo infantil da Tropa de Trapo

16 Xullo 2019

20190716 Este venres 19 o teatro para nenas e nenos volve tomar as rúas de Rianxo, a partir das 12.00 horas. Trátase do novo espectáculo da Tropa do Trapo: a innovadora (innovadora pola posta en escena, os formatos empregados e a vontade de quebrar estereotipos temáticos) obra 4 Monos. Será na sala Arcos Moldes do Auditorio.
Segundo fan saber os integrantes da Tropa e reflicte o Concello, o espectáculo é un cruzamento de linguaxes: mestura a narración oral, a música ao vivo e o teatro de obxectos para “falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible”.
Ente os puntos máis revolucionarios e arriscados da proposta figura o uso das populares emoticonas que (xa a estas alturas) todas e todos empregamos nas nosas comunicacións cos demais a través das redes sociais ou dos servizos de mensaxes instantáneas nos noso móbiles, onde teñen demostrado un gran potencial (as emitoconas) para pacificar discusións e mellorar o entendemento. Porén, na obra da Tropa de Trapo daráselles a volta estes elementos de comunicación para que os monos, que non falan nin ven nin escoitan nin falan, pasen á acción e sexan quen de reflexionar e comprometerse co mundo e coas necesidades da xente.
O espectáculo, destinado a un público familiar e infantil, será de balde até completar capacidade. A proposta está organizada polo Concello de Rianxo coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...