Cabo de Cruz converterase este sábado en epicentro do remo

24 Xullo 2019
Cedida por Club de Remo Cabo de Cruz

20190724. O Club Náutico de Boiro-Marina Cabo de Cruz acolleu hoxe a presentación da VI Bandeira Concello de Boiro Feminina e a V Bandeira Marina Cabo da Cruz que organiza o Club de Remo Cabo da Cruz.

Ao acto asistiron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o presidente do Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz, Manuel Fajardo Piñeiro; Margarita Hermo, en representación de Jealsa-Rianxeira, patrocinador principal do Club; e o presidente do Club de Remo Cabo de Cruz, Daniel Vázquez.

Estas dúas regatas, enmarcadas na Liga Galega de Traiñeiras, terán lugar o vindeiro sábado, 27 de xullo, no peirao de Cabo da Cruz. Ás 17.30 horas dará comezo a regata da liga feminina, na que compiten 6 tripulacións, e a partir das 18.00 horas, aproximadamente, será cando os 11 equipos masculinos da LGTA entren en liza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...