Boiro estrea os cursos da Campaña de Vela da Deputación

03 Xullo 2019

20190703. Os 40 rapaces e rapazas dos concellos da zona do Barbanza que participan na Campaña de Vela 2019 da Deputación da Coruña comezaron esta semana os cursos en Boiro.

Dita actividade, impartida pola Federación Galega de Vela, está dirixida a mozos e mozas de entre 9 e 18 anos, e desenvólvese durante toda a semana. Así, os alumnos aprenden e practican a navegación en quendas de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

O curso inclúe clases teóricas para que a xuventude coñeza o manexo das velas e os distintos utensilios necesarios para a navegación, afiancen conceptos e resolvan dúbidas sobre os distintos exercicios a realizar. Baixo a supervisión dos monitores, os alumnos tamén poñen en práctica o aprendido navegando pola ría de Arousa. Así mesmo, realizan un obradoiro de elaboración de nós mariñeiros.

Os cursos da Campaña de Vela da Deputación realízanse durante os meses de verán en diferentes concellos da provincia, permitindo que un total de 240 nenos e nenas aprendan ou practiquen a navegación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.