Boiro dispón dunha ampla oferta cultural para todo o verán

19 Xullo 2019

20190719. Hoxe tivo lugar a presentación da programación cultural que se desenvolverá ao longo do verán no municipio de Boiro. Alberto García, técnico de Cultura, manifestou que “é un concello moi vivo en canto a dinamización cultural, tanto por parte do Concello coma nos últimos anos por parte de sociedade civil.” Destacou que non só terán lugar actividades organizadas polo Concello, senón tamén festexos e eventos impulsados pola cidadanía, ademais de romarías tan importantes coma, por exemplo, a de San Ramón de Bealo, declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Juan Pérez Ortega, membro da directiva da Banda Municipal de Música de Boiro, lembrou que mañá se celebrará a décimo cuarta edición do Festival de Bandas Concello de Boiro, ás 20.30 horas, na praza do centro social. Esta cita contará coa participación da Banda de Música de Cee, baixo a dirección de Fernando Fraga Traba, e da Banda Municipal de Música de Boiro, coa batuta a cargo de Martín Baleirón Frieiro. O esquema será semellante ao de outro anos pois “faremos unha pequena entrada, unha introdución en marcha das dúas bandas e logo comezará a Banda de Música de Cee co seu repertorio e posteriormente irá a banda anfitrioa.” Ambas dispoñen dun repertorio de 40 minutos.

Pola súa parte, a concelleira de Cultura, María Outeiral, indicou que “a actividade cultural en Boiro está crecendo”, tratando de darlle dinamismo ao concello a través destas citas coma, entre outras, a sesión de contacontos ‘O Paroleiro’ de Pablísimo que tivo lugar hoxe na Casa da Cultura, ás 12.00 horas; o novo circo ‘Out of blú’ de Francesca Martello o 26 de xullo, ás 12.00 horas, na rúa peonil; ou o teatro na rúa ‘Sonambulante’ con Antón Coucheiro o 2 de agosto, ás 12.00 horas, na rúa peonil. Así mesmo, subliñou que se celebrará o teatro ‘Dona Barriga Verde’ con Larraitz Urruzola o 8 de agosto, ás 20.00 horas, na praia de Barraña. Tamén agradeceu a colaboración de tódalas persoas que se implican nestas actividades, así como o traballo da xente que está detrás desta programación.

Finalmente, sinalaron a importancia da ludoteca da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) e dos campamentos do Concello para axudar coa conciliación.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.