Boiro acollerá na noite do sábado a V Carreira Nocturna Jealsa

12 Xullo 2019

20190712. Unhas 350 persoas, preto da metade nenos, participarán mañá, sábado 13, na V Carreira Nocturna Jealsa. No acto de presentación desta proba estiveron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o técnico de deportes, Antón Gallardo; a directora de relacións institucionais de Jealsa, Marga Hermo; e o director deportivo de Barbantia Roda, José Navarro.

Este evento constará dun circuíto urbano semellante ao de edicións anteriores e cun percorrido de 8 quilómetros 200 metros na categoría absoluta. Os nenos de 4 a 6 anos recorrerán 100 metros, 500 para os de 7 a 9, 1.000 para os de 10 a 12 e 1.500 para os de 13 a 15.

José Navarro indicou que o punto de saída e chegada será a rúa Doutor Santos Mieites transcorrendo a carreira “pola peatonal, xiramos dirección Cabo de Cruz para coller o paseo marítimo, imos dirección Escarabote que é o único punto cun pouco de subida, vimos para Boiro outra vez polos colexios de Praia Xardín, metémonos pola parte de atrás do paseo novamente para subir directamente á peatonal e rematar en Santos Mieites.”

O alcalde manifestou que “é unha boa iniciativa para darlle dinamismo a este pobo” e expresou o seu agradecemento a Jealsa, así como ao resto de empresas colaboradoras coma, por exemplo, Tarrío & Suárez, Hispania, Cervecería Plaza, Confitería Fátima, Kir’s, Barbantia e Tres Catorce.

Pola súa parte, o concelleiro de Deportes sinalou que o municipio conta con preto de 50 actividades deportivas, existindo numerosas entidades que teñen moito dinamismo.

Representando a Jealsa, Marga Hermo, apuntou que esta carreira “é unha magnífica oportunidade para que todos, tanto os boirenses coma a xente que nestes días está compartindo con nós as súas vacacións, se animen e fagan algo diferente pola noite.” Tamén destacou que Jealsa aposta polo deporte infantil, sendo unha prioridade pois é “unha forma de promover vida san e promover valores coma o traballo en equipo e o esforzo.”

Así mesmo, o rexedor aproveitou para pedir paciencia aos boirenses pois algunhas rúas quedarán cortadas. O paseo marítimo permanecerá pechado de 23.00 a 00.00 horas. Ademais, a rúa Principal cortarase durante 4 minutos cando saian cada unha das distintas categorías.

A saída na categoría infantil terá lugar ás 21.00 horas e na categoría absoluta ás 23.00 horas, cuxa entrega de premios se celebrará a partir da medianoite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...