AMBAR celebrou unha nova edición da Carreira pola Diversidade

15 Xullo 2019
Cedida pola Asociación AMBAR

20190715. A V Carreira pola Diversidade que organiza a Asociación AMBAR desenvolveuse na explanada de Coroso, pretendendo visualizar e poñer en valor a práctica deportiva das persoas con diversidade funcional, así como amosar o papel do deporte como ferramenta de inclusión social real.

Sabela Pensado e Juan Carlos Mosquera impuxéronse en sénior na categoría absoluta que, como novidade deste ano, formou parte do calendario oficial de carreiras da Federación Galega de Atletismo, e a proba estivo baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.

En sub-23 venceron Séfora Santos e Jorge González, mentres que o ouro da modalidade zapatilla inclusiva foi para Montse Pouso e Alberto Fernández. Así mesmo, Álvaro Illobre e Alejandro Ferradás triunfaron en handbike, facendo o propio José Manuel de la Iglesia en cadeira de atletismo.

Na entrega de premios estiveron presentes o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildelfonso de la Campa; o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; as concelleiras ribeirenses Juana Brión e Ana Ruiz; e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, entre outros.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...