A segunda entrega de Mares Circulares inclúe a limpeza de 80 praias

02 Xullo 2019

20190702 As empresas, pequenas e grandes, estanse a sumar á loita contra o cambio climático e a degradación medio-ambiental. No punto de mira está, entre outras cousas, o mar. Entre as multinacionais que moven ficha está Coca-Cola, que vai impulsar a limpeza de máis de 80 praias, fondos mariños e contornas acuáticas de España e Portugal. Farao ao abeiro da iniciativa Mares Circulares, que vai pola segunda edición e que conta coa axuda de máis de 70 barcos pesqueiros de 15 portos (entre os que se inclúe o de Ribeira) e de concellos como por exemplo o de Boiro.

Ademais, 170 entidades públicas e privadas e 5.500 voluntarios sumaranse á recollida colectiva de refugallos.

Mares Circulares tamén se dirixe a fomentar a economía circular (poñendo o foco na reciclaxe de envases) e a sustentabilidade. Esta segunda convocatoria do proxecto foi presentada este martes 2 de xullo no Real Club Náutico da Coruña.

Na anterior edición da iniciativa incluíuse o areal de Barraña entre as contornas naturais onde se realizaron labores de limpeza, o pasado mes de maio e a través do compromiso activo da Asociación Chelonia. Ademais, hai dez barcos de Ribeira inscritos na campaña dende a súa primeira edición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.