A rapazada de Boiro ten en agosto unha cita coa robótica e a programación

01 Xullo 2019

20190701 O Concello de Boiro e a aula local CeMIT (AMTEGA) queren que este verán sexa un verán enriquecedor e construtivo para a rapazada local con interese na robótica e na programación. Esta é fórmula que acompaña o Campamento Tecnolóxico que se celebra entre os días 1 e 23 de agosto no primeiro andar do Centro Social de Boiro: a fórmula de xuntar lecer e espírito creativo arredor das novas ferramentas.

A actividade, que ten aberto prazo de inscrición (até o 11 de xullo), ten dous piares temáticos básicos: comezar a aprender a construír robots e, tamén, programar aplicacións e ferramentas. Scratch e as súas posibilidades centrarán parte do programa de actividades.
Scratch, para quen non o saiba, é unha ferramenta informática que permite aos usuarios programar historias interactivas, xogos e animacións, e compartilas en liña con outros membros da comunidade. Deseñada para nenos de idades entre os 8 e os 16 anos, axuda aos máis novos a aprender a pensar de xeito creativo, razoar sistematicamente, e traballar en colaboración coa comunidade.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.