A Pobra, elixida a vila máis bonita de Galicia

29 Xullo 2019
A Pobra, vista dende o miradoiro da Curota

20190729 A Pobra do Caramiñal vén de obter un importante recoñecemento á súa riqueza paisaxística, arquitectónica, turística e cultural, un recoñecemento que vén co engadido extra de provir da xente de a pé: visitantes e residentes. Segundo puidemos saber os días pasados, A Pobra foi elixida a localidade máis bonita de Galicia polas lectoras e lectores de La Voz de Galicia, a través dunha enquisa na que se lles convidada a dar forma ao ranking de vilas máis destacadas turisticamente: aquelas nas que sempre resultan ser unha boa elección para pasar uns días de lecer e, tamén, para vivir.

Na enquisa participaron 19.000 persoas e o obxectivo era elixir colectivamente a localidade máis fermosa de entre dúas ducias de alternativas. Tralo proceso de votación saíu elixida A Pobra en primeiro lugar, con 3.000 votos, sendo determinantes para tal elección a súa importante riqueza patrimonial e cultural, a beleza e boa conservación do seu centro histórico (que abrangue boa parte do territorio urbano), a súa situación privilexiada á beira da ría de Arousa (por unha banda) e da serra de Barbanza (pola outra), a fermosura das súas praias e paraxes fluviais (as praias do Areal, en pleno centro da vila, Cabío, A Lomba, etc, ás que cómpre engadir as piscinas naturais do río Pedras) ou o feito de contar co que con toda probabilidade sexa o miradoiro galego que mellores e máis espectaculares vistas ofrece da nosa terra: o miradoiro da Curota.

A listaxe, logo da primeira posición ocupada pola Pobra, complétase con A Guarda, Allariz, Combarro, Pazos de Arenteiro e Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...