A Pobra celebrou o primeiro pleno ordinario do mandato

26 Xullo 2019

20190726. O primeiro pleno ordinario do mandato da Pobra do Caramiñal celebrouse o mércores. Entre os puntos a abordar, tratáronse tres mocións presentadas polo PP. A relativa ao establecemento do sentido único de circulación na estrada que une Escarabote e O Conchido contou co apoio unánime. Do mesmo xeito, saíu adiante a solicitude de que se tenten suprimir os ruídos e luces das atraccións para que os nenos con autismo poidan desfrutar das festas ao igual que o resto, facéndoas máis inclusivas. Respecto da iniciativa para que o Concello se adhira ao plan de limpeza de maleza da Xunta, o BNG votou en contra.

Outro dos asuntos que se levou foi a petición do BNG de dispoñer duns bancos na zona de O Lagar, ao cal accederon tódolos grupos. Os nacionalistas tamén presentaron unha moción para que os xubilados se encarguen de dar o pregón do Nazareno, recoñecendo así o seu labor de reclamación dunhas pensións dignas. Desde o Goberno propuxéronlle ao grupo que retirasen o punto da orde do día porque “consideramos que a decisión de quen debe ser pregoeiro ou pregoeira das festas non debe ser motivo de debate nin de confrontación no pleno e propoñemos tratalo na xunta de portavoces.” Algo que foi aceptado por tódolos grupos municipais. Ademais, a proposta do BNG relativa a instar á Xunta de Galicia para que revoque a autorización de instalar os contedores frigoríficos de túnidos no peirao comercial, contou co apoio de Nós Pobra e PSdeG-PSOE e o voto en contra do PP.

Así mesmo, informouse de que contarán cunha subvención da Asociación de Desenvolvemento Local Deloa do 68’3%, correspondéndose con 75.526 euros, para as obras da Casa da Mocidade.

Finalmente, Estefanía Ramos tomou posesión como concelleira por parte de Nós Pobra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.