A Fiestra da Cultura chega a Ribeira cunha programación moi variada

03 Xullo 2019

20190703. Un total de trinta actividades integrarán a programación da Fiestra da Cultura que se desenvolverá ao longo deste verán, entre o 6 de xullo e o 13 de setembro. A concelleira de Cultura, María Sampedro, xunto cos técnicos Unai González e Sandra Sampedro, presentou esta mañá o calendario que incluirá concertos, actuacións cómicas, cine ao aire libre, contacontos, etcétera. Ribeira e as súas parroquias converteranse así nun escaparate cultural durante toda a tempada estival.

Algunhas das citas están organizadas directamente pola concellería de Cultura, en ocasións, coa colaboración da Deputación ou a Consellería de Cultura da Xunta. Outras están promovidas polo tecido asociativo a través de colectivos como Haveira, Alfaia, a parroquia de Santa Uxía ou a Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

Unha pequena mostra das citas que se desenvolverán son o V Festival Ribeira: Acrobacias, baile e humor ‘Sue Moreno con 4.0’; o concerto de Sés; a exposición ‘Antoloxía Debuxada’ de Xoán Fernández, Antonio Pérez, Xerardo Crusat e Maralla; e, as Noites de Cine ‘O mago dubidoso’.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...