A Festa da Dorna comeza a súa conta atrás coa venda do último merchandising e unha paellada solidaria

11 Xullo 2019

20190711 A Festa da Dorna de Ribeira e toda a súa extensamente ramificada comunidade de seareiras e seareiros veñen de comezar a conta atrás para o comezo oficial das celebracións: a conta atrás de verdade da boa. Así, a xeito de actividade preparatoria e de interese para o colectivo pro-dorneiro, este venres 12 habilitarase no adro da igrexa (porta do Sol) un posto de venda para distribuír as últimas unidades do suadoiro desta LXXI singradura da festa (un máximo de dúas por persoa). A cita será contra o serán deste venres: entre as 19.00 e as 20.00 faranse os trocos de talles oportunos e a partir das 20.00 comezaranse a vender os suadoiros.

As actividades preparatorias e de pre-adestramento non rematan aí. O sábado a partir das 14.00 horas está prevista unha gran paellada en colaboración con peixes e mariscos Bomar: un xantar solidario na rúa Alcalá Galiano. A recadación irá destinada ao fondo social que xestiona a Confraría da Dorna.

Pola tarde, sobre as 19.30 horas, celebrase a derradeira (a derradeira deste ano) asemblea de peñas dorneiras na carpa do estaleiro. Trataranse, entre outros temas, a cuestión dos últimos detalles do programa e o reparto de organización de actividades entre as peñas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.